Tuesday 21 de May de 2024

Regatas de Traiñas na Pobra do Caramiñal


Esta fin de semana vanse a realizar na Pobra do Caramiñal as regatas de traiñas onde o noso pobo convertirase no centro de atención do remo galego

Realizaran Bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras división A, da Liga Galega feminina de Traiñeiras e o Play off de ascenso/descenso da liga lgt-A/lgt-B

A competición iniciarase o sábado ás 17:00 horas coa celebración da primeira xornada do play off de ascenso/descenso entre as traiñas de Chapela e Castropol da liga lgt-B e Perillo da lgt-A en formato contrareloxo. A continuación celebrarase a primeira Bandeira feminina de traiñeiras Concello de A Pobra co as tripulacións de Cabo da Cruz, Chapela e San Martiño (Mecos) regata en liña de 4 longos e 3 ciabogas; para rematar ca primeira xornada da X bandeira concello de A Pobra de traiñeiras onde participan Amegrove, Mugardos, Ares, Coruxo, Vilaxoan e o noso clube, que será unha regata en liña de 6 longos e 5 ciabogas.

O domingo a partir das 11.45h. comezamos coa segunda xornada do play off de ascenso/descenso, tamén en formato contrareloxo e a continuación a segundo xornada da X Bandeira Concello da Pobra, que o domingo será en contrarreloxo.

A indicar que o gañador da Bandeira masculina será o que faga a mellor suma de tempos das dúas xornadas e que cada xornada puntuará para a liga de forma individual.

Serán probas espectaculares para o público, xa que o feito de celebrarse nun campo con longos de 920 metros aumentará o número de paso polas boias de terras das tripulacións.
Organizan o Club de Remo Puebla, a Asociación da Liga Galege de Traineras e patrocinan o Concello da Pobra do Caramiñal e a Xunta de Galicia – Deporte Galego.
Achegamos copia da normativa para máis información.